Como sempre o de sempre

 inicio   celta   liga   plantilla   balaídos   historia   celta b   enlaces   siareiros   ocio   vigo

Venres Santo [30-03-2010]
Big Brother era isto [20-03-2010]
Os homes temola culpa de todo [20-03-2010]
Abrir Vigo o mar (II)
[17-03-2010]
Subimos ou baixamos
[17-03-2010]
Máis igualdade
[07-03-2010]
O profesor (de inglés) non ten a culpa
[18-02-2010]
Por qué choraba Guardiola?
[25-12-2009]
Máis igualdade?
[23-11-2009]
Malo será.
[23-11-2009]
Cando as barbas do teu viciño...
[09-11-2009]
Carlos Mourinho e Ramón Martínez
[26-07-09]
A peor afección do mundo (2)
[09-06-09]
Pailáns (2) [08-06-09]
Guardiola [07-06-09]
O metal, o naval e o fascismo
[07-05-09]
Pailáns (1)
[05-05-09]
Abrir Vigo o mar (I)
[01-02-09]
Mundial 2018.
[26-11-08]
A Madroa vs Lezama.
[27-10-2008]
O pupas somos nós.
[17-06-2008]
Eu non esquezo: Que noxo! [23-05-2008]
Non saben o himno
.
[14-04-2008]
A peor afección do mundo.
[09-04-2008]
Apostasía.
[01-04-2008]

       Volver a Noticias
 

30-03-10



  Venres Santo

 

Ano tras ano non me deixa de sorprender, aínda que xa estou avisado, a programación nocturna de Venres Santo de Canal +.
 


 

Desde o principio dos tempos de C+, aqueles tempos de descodificador e chave plástica, son mono e unha moi VLD ("Very Low Definition") a noite do venres para o sábado hai programada unha película de temática cárnica. O costume segue nos nosos días. Eles terán os seus estudos de mercado, os seus datos e saberán ben o que fan, porque se non tivesen audiencia abonda, non o farían.

Pero, como dicía ó principio, non me deixa de sorprender o recato moral desta canle cada Venres Santo desde o seu primeiro ano de vida: Suprimen a porno do venres!

Como había tempo que non vía unha, aproveitando o desleixamento e relaxación de usos e horarios das vacacións dispúñame a ve-la peli do venres noite. Consultei a guía de programación e non a daba atopado, cando de súpeto caín na conta: Venres Santo, hoxe non hai porcalladas.

Posto a buscarlle unha explicación deu un en pensar que, se cadra, este recato moral se debía ó accionista maioritario de Prisa e Sogecable, Jesús Polanco, pero xa morreu en xullo de 2007 e a política do C+ segue intacta. Así que xa non sabe un que pensar.

Hai xente que está a gusto con esta política e considérana unha mostra de respecto polos cristiáns e os seus costumes, pero cando pago o meu abono non me fan desconto ningún no mes de Semana Santa por me furtar unha película e, por suposto, non me preguntan polas miñas tendencias relixiosas.

O que máis me amola, é a doble moral da empresa. Non botamos polo C+ unha porno, que non se pode comer nin tocar carne pero, iso si, pasando por taquilla e cotizando dámosche un total de 47 películas de "cine adulto"... 47!!!!!

En concreto, na noite de Venres Santo 2 de abril para o sábado 3, Digital+ ofrecía: "Putitas de hotel", "Porno inglés: las turistas insaciables", "Maduras en los límites de la obscenidad", "El marido mira y ella a un negro se cepilla" e 32 títulos máis clasificados X ou XX... e tamén "Jovenzuelos a pelo" ("Bareback Riders" na versión orixinal), "Doblemente penetrado" e 9 películas XY máis.

02-03-10



  Big Brother era isto

 

 

Gran Irmán era isto. Xa vivimos na sociedade orwelliana que na antiutopía 1984 nos vaticinou un home clarividente que, en realidade, se chamaba Eric Blair. Nesa novela (xunto con Un mundo feliz de Aldous Huxley e Fahrenheit 451 de Ray Bradbury, un dos libros máis influintes do século XX) acertou en grande medida co mundo do futuro, co noso mundo. Errou nalgún detalle e mais na data, pero sabemos que a titulou así porque a empezou a escribir en 1948 e único que fixo foi inverti-las dúas últimas cifras do ano. E tampouco se trabucou por tanto: só dúas décadas, que veinte años no es nada…

 

Orwell inventouse o omnipresente e omnisciente Gran Irmán, o terrorífico cuarto 101 (eu estiven nel: na delegación de Facenda da rúa Lalín), a ubicua policía do pensamento, ou a neofala (newspeak, no orixinal en inglés), na que reduce e transforma o léxico con fins represivos, baseándose no principio de que o que non está na fala non pode ser pensado, etc. A idea da neofala como xeito de falar para controlar e defini-lo pensamento da poboación con intereses políticos foi e segue a ser un tema de actualidade e mais de interese moral: por exemplo, Noam Chomsky ten sinalado en varias ocasións como a linguaxe empregada polo goberno dos EE UU conduce a situacións idénticas ós fins que persegue a neofala de Orwell, facendo que en numerosas ocasións sexa imposible expor puntos de vista opostos á política estadounidense. A neofala dos nos tempos é a linguaxe políticamente correcta. A corrección política ou o políticamente correcto é un termo empregado para describi-la linguaxe, ideas, políticas ou comportamento que se considera que procuran minimiza-las ofensas a grupos étnicos, culturais, relixiosos ou mesmo de xénero. Estes termos empréganse tamén nun senso máis amplo para describi-la afiliación coa ortodoxia política ou cultural. De xeito semellante, o termo políticamente correcto describe aquilo que podería causar ofensa ou ser rexeitado pola ortodoxia política ou cultural dun grupo determinado. Unha das características máis salientables da linguaxe políticamente correcta no galego ou castelán actuais é o emprego simultáneo do másculino e mailo feminino cada vez que se cita a un grupo ou colectivo (p. ex.: os galegos e as galegas, os alumnos e alumnas, etc.), e ai do que non o faga así, será acusado de misóxino, machista, etc.

 

Na novela de Orwell, o Gran Irmán suple a todo personaxe político: el é o capitán xeral, o gardián da sociedade, o deus pagán e mailo xuiz supremo. El é a encarnación dos ideais do Partido, o partido único, ubicuo e todopoderoso que vixila sen descanso tódalas actividades cotiás da poboación, mesmo tendo nas rúas e casas dispositivos de vixilancia para coñecer tódolos actos de cada individuo. Irónicamente, no libro ata se chega a insinuar que o Gran Irmán nin siquera sexa unha persoa real, senón unha mera icona propagandística (postos a falar de iconas propagandísticas, alguén lembra a un tal Osama Bin Laden?). Cando lin o libro por primeira vez, alá por 1983, pensei que era unha boa historia, pero moi fantástica xa que semellante grao de control nunca ía ser posible. Ademais non se me ocorría como demo sería posible obrigar á xente a  meter un aparello en cada casa… pois ben, xa está feito: e non só non tiveron que nos obrigar senón que nos fan crer que é un dereito que temos (“Tes dereito a internet”) e aínda por riba pagamos por iso!!

Orwell tamén escribiu sobre unha nova distribución política do mundo e aí é onde máis se trabucou ó lle conceder ó bolchevismo unha relevancia que, afortunadamente deixou de ter no mundo actual. Pero si acertou, e de que modo, con Estasia, á que agora algúns deron en chamar Eurabia: teoría conspirativa xeopolítica que augura unha Europa na que a cultura dominante xa non será occidental, senón islámica, e na que a inmigración terá multiplicado o número de adeptos musulmáns. O concepto foi acuñado por Bat Ye’or  e popularizado pola xornalista italiana Oriana Fallaci. Segundo esta teoría, o troco cultural en Europa tería comezado a se fraguar trala crise do petróleo dos anos 1960 e a posterior guerra que enfrontou os EE UU cos países da OPEP, que tería obrigado ós dirixentes europeos a facer concesións ós países productores árabes. Entre esas concesions figurarían unha política exterior conciliada cos países árabes, en oposición a EE UU e Israel, a inclusión de Turquía na Unión Europea, a apertura á inmigración procedente dos países musulmáns, o rexeitamento á mención das raíces cristiás de Europa na Constitución Europea, a concepción de Eurabia coma un gran réxime autárquico, é dicir, autosuficiente económica e políticamente, ou a defensa da compatibilidade entre Islam e democracia, entre outras.

 

Non se pode negar que internet tamén contribúe a unha certa democratización da creación e crítica artística, literaria, musical, etc.: Todos podemos ser autores, creadores e críticos, escritores, compositores, directores, vendedores, compradores ou poxadores. Grazas a internet nacen novos textos, novos lectores e novos xeitos de literatura (dixital e dixitalizada) e lectura así como novas músicas, cine e artes visuais, etc. De internet xurdiu o debate sobre os dereitos de autor e a libre difusión das creacións artísticas. E tamén en internet se orixinan cantidade de novos medios, recursos e facilidades para unha morea de profesións e afeccións: medicina, meteoroloxía, prensa, radio, ensino, tradución, biblioteconomía, terminoloxía, música, cine e fotografía, gps, náutica, aviación, pesca, deportes, videoxogos, turismo… E, como non, se non fose por internet non existirían wikis, tweets, e-mails, bookmarks, blogs, fútbol gratis por justin, shareware e free downloads nin tampouco convocatorias para flashmobs, botellóns, San Telecos ou peleas entre bandas rivais Cangas-Moaña, Beluso-Santomé ou Porto-Boavista.

 

20-03-10



  Os homes témo-la culpa de todo

 

 

Leo nun blog un artigo sobre o asunto da gardería de Vigo na que se lle administraron tranquilizantes a uns neniños do que extraigo un parágrafo:

 

Estes días, o horror ten nome de gardería. Estivemos a piques de asistir a feitos desgraciadísimos. Perigou a vida dalgúns nenos, e os pais din que pechan filas co colexio. Pais apoiando ao cole onde lles drogan aos fillos? Sinto outra vez o estómago a piques de saírseme pola gorxa. Levo media mañá comentando o caso e hai persoas que ata me din que é normal que nas garderías lle dean pastillas aos nenos. ¿que tipo de doenza social e esta amigos sociólogos?

O que máis me chamou a atención, sen embargo, foi un comentario posterior da propia autora no debate que se orixinou entre os lectores do artigo:

 

Se os homes se fixesen cargo como corresponde desar "cargas" familiares, non serían tal e evitaríamos seguramente ter que botar man destes alpendres para aparcar aos nosos... pero para caer desa burra fan falta un par de glaciacións, creo.

 

Así pois, resulta que a culpa do que aconteceu na gardería é cupa dos homes. Como non especifica, nin determina nin (de)limita, asumimos que se refire a tódolos homes. Pois estamos bos.

Que lle parecería a autora se lle désemos a volta ó argumento e dixésemos:

 

Se as mulleres quedaran na casa, como sempre se fixo, seguramente non teriamos que botar man deses alpendres para aparcar ós nosos. Chegarían os rapaces á casa, terían a merenda preparada, farían as tarefas baixo a supervisión da nai e non habería tanto fracaso escolar, nin tanta mala educación nin tanto desleixamento nas maneiras, formas, usos e costumes. Tampouco habería tanto rapaz na rúa e aforraríamos en clases particulares e academias. Ademais, baixaría o paro radicalmente. Por cada posto de traballo dunha muller que volvese para a casa, habería un home parado menos. Acabouse a crise, a económica e a moral.

 

Pero non, claro que non. Ese non é o camiño. O que quero salientar e denunciar é esa rama radical, extremista e agresiva do feminismo que bota a culpa de tódolos males ós homes. Non queren igualdade, non. Queren vinganza e superioridade. Mal saben elas que Two wrongs don't make a right e que moito se trabucan cando meten a tódolos homes na mesma caixa.

 

Noutro comentario, a mesma autora, di:

 

A realidade está chea de xente que alucina con estas noticias e estaría disposta a queimar hoxe mesmo ese lugar...si, calma, calma, xa sei que non que hai que xulgar e todo iso...póñase clausurar en vez de queimar...

 

U-la presunción de inocencia? U-lo xuizo xusto tras unha investigación policial e/ou científica ponderada e cabal? Deus nos colla confesados ante tamaña violencia e agresividade que fai que nos reafirmemos no xa escrito tratado.

 

Moita afouteza e corazón precisarán os homes que están do lado das mulleres, que traballan tanto fóra coma dentro da casa, que pasan moitas horas cos fillos e que cren sincera e pragmáticamente na igualdade para aguantar a estas amazonas do noso tempo.



 

 

17-03-10



  Abrir Vigo o mar (II)



 

Xa en febreiro de 2009 me ocupara desta aberración, unha máis do noso maltratado e abigarrado Vigo. Reafírmome en todo o escrito daquela. Non lembro onde lin que o peor das persoas malas era o silencio das persoas boas. Pois ben, aínda que o que se di “bo” eu non son, non vou quedar calado. Presento agora a proba fotográfica da evolución do monstro para que se poida comparar coas fotos do artigo mencionado antes.


 

Vai a obra lenta, pero segura. Un anaquiño menos de mar sen que quedamos todos preto do Bao. Como se pode comprobar polas pintadas non son eu o único disconforme con esta desviación perversa que se afasta do lícito (xa que parece que entra no legal) e, que eu saiba, xa é a segunda vez que lles decoran a fachada (a primeira fora hai uns meses, mais non tardaron nadiña en borralas).

Malia non ser personaxe do meu gusto, non podo aquí menos que citar a ese gran estadista e orador, dito con todo o sentido pexorativo, Hugo Chávez, e berrar alto e forte, con afouteza e corazón (e con asento venesolano e milico):

 

EXPRÓPIESE!!!


 

 

17-03-10



  Subimos ou baixamos?

 

 

Abandonando o espíritu de ambigüidade e incerteza que nos caracteriza, vou tentar explicar que é o que pasa cando os galegos estamos nunha escaleira. Os españolistas malintencionados, axudados polos malos galegos malos do auto-odio, espallaron hai tempo a calumnia de que de se atopar a un galego en metade dunha escaleira e preguntarlle se sobe ou baixa non sabería que responder.

A desgrazada metáfora tivo éxito a ata lembro que no Mundial do 82 era a graza que contaban os xornalistas e maila expedición italiana que xogara en Vigo: “O único que sabemos de Galicia e que se atopas un galego nunha escaleira nunca sabe se sobe ou baixa”.

Pois resulta que é todo o contrario. Non nos gusta ós galegos airea-las nosas ideas nin, moito menos, as nosas intencións, gustos ou inclinacións: unha cousa é que non queiramos dicir se subimos ou baixamos e outra moi diferente que non o saibamos… e, por suposto, non é asunto de ninguén se subimos ou baixamos. Nin máis listos nin parvos cós demais, os galegos calamos, somos prudentes, temos pudor e tentamos contestar con ambigüidades, vaguidades e xeneralidades ou con outra pregunta: sí e non; Deus é bo e o demo tampouco é malo; ai, si? Non me diga!

Esta indefinición intencionada é o que incomoda a españois e españolistas que, incapaces de empatizar coa nosa idiosincracia, tentan denigrarnos co conto da escaleira. Mal saben que cada vez que empregan o conto só se denigran a eles mesmos o revelar a seu descoñecemento e ignorancia, por non falar dun claro desprezo moi próximo ó racismo ou á xenofobia.


Moita afouteza e corazón precisaremos para os aturar.

 

 

07-03-10



  Máis igualdade

 

 

Outro ano máis a Federación Galega de Golf organiza a súa liga xuvenil. A primeira proba celebrouse no campiño (non merece outro nome) de Campomar, de 9 buratos, preto de Narón, cun tempo desagradable, frío e ventoso e, como non, co terreo enlamado, en moitos lugares, enchoupado.

E outro ano máis tamén, a Federación Galega insiste no erro e desigualdade de facer unha clasificación única, masculina e feminina. Iso si, as rapazas saíron de barras vermellas, co que percorreron por volta 2.283 metros, mentres que os rapaces tiveron que facer 2.675 metros, é dicir, unha diferencia de 392 metros (o total sería 4.556 metros para elas e 5.350 para eles, 784 metros totais de diferencia...)

392 metros veñen a equivaler a un burato de par 4, co que se pode dicir que mentres os infantís e alevíns disputaron 18 buratos elas xogaron só 16... e en benxamíns os nenos xogaron 9 buratos, pero as nenas só 8.

Aínda por riba nestas idades adoita acontecer que as rapazas teñen un desenvolvemento físico máis precoz co dos rapaces, polo que xogan con dúas vantaxes.

E isto é igualdade? A solución é ben doada e pasa por dúas opcións: ou saen todos os xogadores do mesmo punto, independentemente dos seus cromosomas, ou se fan clasificacións separadas, masculina e feminina.

Calquera outra cousa é claramente discriminatoria por razóns de sexo e totalmente inxusta.

Cómpre dicir que nin así conseguiu gañar ningunha rapaza nin na clasificación scratch nin na handicap, pero esa non é a cuestión.
Pregúntome que terá que dicir sobre todo isto Mudega, a Asociación de mulleres deportistas de Galicia.
Pensaba un que o deporte, e máis aínda no eido afeccionado, trataba de xustiza, equidade, imparcialidade e nobreza...

Lembrando certa campaña publicitaria recente ocórreseme "Dos homes que haxa na miña vida ningún sairá por detrás de min nun torneo de golf". Iso si que sería igualdade.

 

 

 

18-02-10



  O (profesor de) inglés non ten a culpa


 

Gozaba a cidadanía da tranquilidade e maila paz lingüística ata que os espurios intereses políticos a estragaron coa campaña electoral intencionadamente crispada de hai un ano. Agora vivimos inmersos nunha polémica artificial, que non é reflexo da vida real, alimentada de xeito máis feroz en redes sociais como o Facebook e, sobre todo,  nas seccións de comentarios dos lectores dos xornais dixitais.

Quedaron establecidas claramente dúas trincheiras de posicións irreconciliables e algúns ata falan de fractura social. Como en todo conflicto, quedamos no medio o que cinismo ianqui deu en chamar “víctimas colaterais”: os profesores de inglés e, sobre todo, os animosos profesores das seccións bilingües, por non falar dos verdadeiros prexudicados: os alumnos.

O propósito inicial do actual goberno da Xunta de Galicia de obrigar a impartir un tercio das materias en lingua estranxeira provocou que os que, con razón, defenden o galego erraran na identificación do agresor e xa botaran a disparar sen antes preguntar.

Alegan non sen razón algúns francotiradores que só a inmersión lingüística no país da lingua B (ou, no noso caso, C) é garantía de éxito, como desde sempre vén demostrando o noso deficiente sistema educativo no que ás linguas estranxeiras se refire.

Engaden tamén, que a necesidade agudiza o enxeño e que mentres os alumnos non se vexan na necesidade de emprega-la lingua estranxeira non lle verán utilidade ningunha e, xa que logo, non porán interese ningún en aprendela, agás contadas excepcións.

Mais esas razóns son moi doadas de rebater: non se podería dicir acaso o mesmo das Matemáticas, da Literatura, da Filosofía ou da sintaxe? Mentres non sintan a necesidade imperiosa de as empregar porque lles vai a vida nelo ou porque as precisan para o traballo, ou pola razón que sexa, non amosarán ningún interese por aprendelas… e iso é o que de facto ocorre. Que alumno sente a obriga de ler e entender, por exemplo, a Quevedo para a súa rotina e vida diaria? Xa a realidade lle demostrou que Poderoso caballero es don Dinero sen ter que ler ó archirrival de Góngora. Cal aplica na vida práctica as ecuacións de segundo grao, as integrais ou as derivadas? Quen deles recorre a cotío a Descartes, Kant ou Ortega?

A maioría do alumnado do ensino obrigatorio non amosa predisposición nin interese polo estudo desas materias e iso non quita para que todos esteamos de acordo en que as Matemáticas, a Lingua ou, poñamos por caso, a Historia, son de presenza obrigada no curriculo escolar.

Hai mesmo quen aventura que de elimina-lo inglés do currículo a competencia dos alumnos non había cambiar nadiña ó final do seu ciclo de estudos! Pois, veña, eliminimos tamén as Matemáticas, o Coñecemento do Medio, a Educación Física, a Lingua e Literatura, etc. Adeus, Quevedo, adeus! Xa postos, eliminemos o  sistema educativo. Pechemos as escolas. Habería ser un bo aforro para o estado e o contribuinte. E ata o de agora referíame só á educación obrigatoria, mais en cantas materias e carreiras universitarias non se podería aplica-lo mesmo conto? Ese si que sería un bo aforro, eliminar certos docentes universitarios (con cantas horas de traballo efectivo por semana?) de determinadas materias que os alumnos non empregarán xamais na vida práctica. Ou eliminar aquelas carreiras (p. ex. certas Filoloxías das universidades galegas) que a penas teñen alumnado…

Pero non, ese non é o camiño, claro que non. Non sexamos integristas. Non vivimos nas cavernas. Nin a materia nin os docentes de Lingua Inglesa teñen a culpa (ben, é certo, admitámolo, hai unha profesora de inglés en concreto, do IES Sto. Tomé de Vigo, que si ten bastante culpa).

Non hai que exclui-lo inglés do sistema educativo. O que hai que facer é cambiar radicalmente a técnica actual do traballo docente. Abandonar dunha vez a técnica docente, vertical, univoca e centrada na lección maxistral por unha técnica horizontal, multifocal, centrada en e protagonizada polo estudante, na que el mesmo vai aprendendo a aprender e descubrindo os contidos, mesmo en espazos, momentos e xeitos informais. O profesor pasa a ser un guía motivador, un compañeiro inspirador e, non como ata o de agora, un director. Todo pasa por face-lo ensino máis práctico e pegado á realidade cotiá, como propugna o sistema PBL (Problem Based Learning, aprendizaxe por problemas). Por suposto, non só no tocante á Lingua Inglesa, senón en calquera materia da secundaria e non digamos xa na universidade.

O verdadeiramente desacougante é que entre moitos profesores de ensino secundario, especialmente no sector público, estase a estender unha xenreira ó inglés e ós departamentos de Lingua Inglesa como se eles tivesen a culpa de todo este balbordo. Percíbese esa zuna especialmente nos centros con seccións bilingües. O alumnado que cursa unha materia nas seccións bilingües faino de xeito voluntario, porque así el ou os seus pais o escolleron. E adoita acontecer que os alumnos que optan por esta vía son os que amosan mellor predisposición e actitude e os que máis traballan… en resumo, os “listos”. Quedan cursando, entón, as materias pola vía “normal” os alumnos que non amosan interese, máis apáticos, deixados e, tamén sucede, con peor nivel en calquera materia. Na práctica ocorre que se forman dous niveis, o dos “listos” e o dos “burros”. E aí xorden as protestas dos profesores que teñen que lidar co grupo “B” e a antipatía e envexa que lle collen ó departamento de inglés.

Hai que ser moi ruín, e moi cativiño de miras para non apreza-la oportunidade que se lles ofrece ós alumnos de cursar durante un ano escolar Matemáticas, Bioloxía, Plástica, Ed. Física ou calquera materia en inglés (francés ou outra lingua estranxeira). Por que opción se inclinarían eses profesores que bradan contra as seccións bilingües se ós seus propios fillos lles brindasen esa escolla? Aproveitala, por suposto, como fan todos os que poden.

Non podemos nega-la importancia do inglés no mundo e tempo actual. Se cadra dentro dun tempo o chinés ocupará o seu lugar, pero agora o mundo é como é. Defendámo-lo galego, por suposto, pero o camiño non é ataca-lo inglés.

Outra cousa é a pailanada que nos invade e do que xa teño falado noutras ocasións. Esa aceptación cega e acrítica de todo canto chega dos EE UU (política, economía, cultura, deporte, etc.) e que fai que, por exemplo, se interrompan tódolos telexornais españois en directo para ofrece-lo hoax dun rapaz supostamente atrapado nun globo aerostático… como se non houbese actualidade máis relevante e pertinente… pero diso tampoco teñen a culpa os profesores de inglés que necesitarán moita afouteza e corazón para aturar outra fronte a asoballar neles, como se os propios alumnos e mailos seus pais (ai, seus pais) non fosen abondo.

 

 

 

25-12-09



  Por que choraba Guardiola?

 

 

    En contra do que calquera puidese pensar (en especial moi en contra do que o ignorante de J.J. Santos narraba en directo), Guardiola non choraba de ledicia polo triunfo do Barna, non. Non choraba emocionado polo sexto título do ano 2009, non señor.

    Choraba abraiado e alucinado por como algúns, como, por exemplo, el e mailo Barna, poden ter sempre tanta sorte na vida, que todo lles vaia ben, empatar no minuto 89 un partido que tiñan prácticamente perdido…

… mentres que case ó mesmo tempo, outro equipo, que case nunca ten sorte cando chegan os momentos cruciais, ó que destino ten asoballado histórica e repetidamente con brutalidade e crueldade, lle empataban 1-1 no minuto 89…

    O noso Celta, unha vez máis sen merecelo, e coa actuación arbitral en contra, recibía un gol no último intre dun partido.

    Non é o fútbol inxusto? Cada vez que nos pasa isto non podo esquecer o derradeiro minuto do partido de volta contra o Olimpic de Marsella na copa da UEFA no que Goran Djorovic (que cariña se lle quedou ó pobre) meteu un centro perfecto, raso, ó corazón da área pequena, ó que non chegou por milímetros ningún xogador do noso plantel… Uns tanto e outros tan pouco. Merda de fútbol.

    O que nos queda é aturar e saca-lo Celta adiante. Así que hoxe, máis que nunca, afouteza e corazón!

 

 

23-11-09



  Máis igualdade?

 

 

   De todas las mujeres que haya en mi vida, niguna será menos que yo / De todos los hombres que haya en mi vida, ningunó será más que yo. Encomiable campaña... mais incompleta. Fáltalle engadir ó final de cada un destes lemas "nin máis / nin menos".

Inserida dentro dun pretendido progresismo, está campaña publicitaria esquece que a balanza ten dous lados. E non andamos sempre a dicir que cando se trata de impoñer algo acábase por consegui-lo efecto contrario ó desexado? De feito, xa teño lido pola rede o termo "feminazismo" para se referir a esta campaña e a outras máis sibilinas: anuncios ou escenas en series e películas nos que se ridiculiza, insulta e mesmo unha muller golpea a un home e ninguén di nada... cando se fose ó revés xa estaría montada unha gorda.

Cada vez que vexo cousas así non esquezo que o parlamento galego aprobou hai uns anos cos votos a favor do PP e do PSOE e mais coa connivencia cobarde e silencio cómplice do BNG unha iniciativa pola cal en calquera oposición ou concurso público o empate total a puntos entre un home e unha muller quedaba resolto... a prol da muller! É igualdade iso? Igualdade sería facerlle ós implicados o número abondo de probas obxectivas ata que o empate quedase desfeito, igual que se fai nas tandas de penalties nos deportes: seguen a tirar ata que alguén gaña.

Vóullelo contar ós meus fillos de contado (fillas non teño) para que vexan a igualdade que desfrutamos neste país.

Xa sei que non é políticamente correcto dicir todo o que acabo de expresar e que non vai gustar a moitos, pero había que deixalo claro. Tomémo-lo exemplo do artigo Revanchismo de género de Enrique Lynch publicado en El País o xoves 19 de novembro e o balbordo que se montou: o home ten razón no fondo pero pérdenlle as formas e os exemplos, e así lle saltou á xugular tódo o pelotón feminazi.
 

 

 

23-11-09



Malo será            

 

    Vistos os datos e números de Eusebio Sacristán parece que non aprendimos da experiencia do Alavés o da mala temporada 2008/09. Falta moito para que remate esta liga, así que malo será!!!

 

09-11-09



  Cando as barbas do teu viciño...

 

   Deberiamos ter presente a traxectoria do desprezable Alavés: un equipiño de 2ª e 2ªB que na época das vacas gordas dos contratos televisivos xogou varias temporadas seguidas en 1ª, se clasificou para competicións europeas (e ata chegou xogar —e perder por penalties— unha final da copa da UEFA contra o Liverpool), baixou a 2ª e comezou a sufrir por non descender. Na temporada 2007/08 conseguiron a permanencia gañando en Balaídos na última xornada cunha ignominiosa actuación do noso equipo que condenou ó Racing de Ferrol ó descenso a 2ªB, onde aínda permanece. Como non aprenderon a lección, á temporada seguinte insistiron e conseguiron descender a 2ªB, tamén en Balaídos, esta vez na penúltima xornada.

 

Soavos? Évos familiar este camiño, semellante ó noso ata nas derrotas por penalties nas finais? Pois daquela cómpre que C. Mouriño, E. Sacristán, o plantel de xogadores e maila afección o teñan ben presente, porque ata o de agora o noso percorrido é cuspidiño ó deles.

 

Xa van gastadas 11 xornadas e estamos desde a 1ª en postos de descenso (creo que no que vai de liga só saímos dos 4 últimos postos nunha única xornada). Sempre se ten dito que a xornada 10 é a que marca e indica a evolución dunha competición ligueira. Se iso é verdade, ímonos armando de paciencia, valeriana, tranquimazín e lexatín, porque este ano imos sufrir o que non está nos Escritos.

 

Que non me veñan con que temos calidade, que é un plantel moi novo, que loitan moito e todas esas lerias… que son verdade… pero, números cantan, e a verdade espida é que estamos en descenso (ben certo que cos mesmos puntos có 5º pola cola, o Real Unión, co que perdemos 2-0) e a 8 puntos do ascenso.

 

 

 

26-07-09



  Carlos Mouriño e Ramón Martínez

 

PIS Management 5.
Intenta destruir un clube en a penas dúas temporadas. Comenzarás o xogo xestionando un clube que participa en competición europea, o teu obxectivo será levalo a 2ª división e á peor crise económica da súa historia. Despide os empleados máis competentes e os teus mellores técnicos, afasta a  afección do estadio e bota a culpa ós demais. Acepta-lo reto?

 

A temporada celeste resultou un fiasco de grandes proporcións. Ni siquera a pasada campaña 2007/08 logrou alerta-lo oído celtista, xordo durante moitos meses. Demasiados. Casi todos, en realidade, ata que só coa auga ó pescozo chegou unha mini reacción para conxurar un caos de proporcións mastodónticas. É hora de afronta-las consecuencias da desfeita perpetrada por Ramón Martínez coa permisividade e connivencia de Carlos Mouriño e da súa directiva, buscar apoios para saír adiante e lembrar que despois de máis de 80 anos de historia as cores celestes sempre estiveron e deben estar por riba da coxuntura.

É ben sabido que é máis doado aprender a obedecer que aprender a mandar. Xa que logo non imos ser moi severos co presidente. Habería que estar na súa pel, xogándose moito en cada decisión, sabendo que o azar na xestión dun clube deportivo , por culpa do balón, ten moito peso, máis ca no manexo de calquera outro tipo de sociedade mercantil.

É moi doado estar na bancada, tecleando no ordenador dun xornal ou mesmo deste blog irreverente, criticando decisións a touro pasado coa tranquilidade de que non ten nada que perder: o falar non ten cancelas.

Por outra banda, atendendo á legalidade vixente das sociedades anónimas deportivas, temos que admitir con tristura e resignación que pode face-lo que lle pete co Celta pola súa condición de accionista maioritario. Se alguén cre que o sabe ou o pode facer mellor que dea un paso adiante, que lle merque o paquete accionarial, sanee a entidade e que o demostre. Estaríamoslle eternamente agradecidos.

Despois de ter superado e pechado o proceso concursal a Carlos Mouriño imoslle dar un prazo de dúas temporadas. Temos que admitir que ata agora tiña as mans atadas pola débeda herdada de directivas anteriores e mais pola situación xudicial.

Confiamos, acaso con inocencia, en que unha vez teña plena liberdade na xestión económica empece a poñer en marcha o proxecto orixinal que tiña en mente. A iso habería que lle engadi-la experiencia acumulada da navegación en augas bravas destas temporadas.

Lembremos que con Horacio Gómez pasou o mesmo. Tralo seu desembarco con nocturnidade na presidencia, afundiu as naves coa crise dos avais. Choraba pola tele o pola radio, imploraba perdón á afección e pedía que lle désemos a oportunidade de facer un Celta grande. E abofé que no deportivo conseguiu o mellor Celta da historia. As rutas económicas que seguiu, as bodegas que creou durante a súa presidencia e mailos métodos que empregou non son coñecidos de agora, pero daquela mirabamos para xalundes encantados de alternar coa jet set do fútbol europeo. E alguén dixo algo?

Ó noso entender o erro máis grande de Carlos Mouriño foi a fichaxe de Ramón Martínez, as condicións do seu contrato, claramente prexudiciais para o Celta e non só no económico, e a teimosía por mantelo no cargo. A partir de aí, Mouriño é inocente no deportivo, xa que o deber dun cargo directivo segundo as teorías empresariais modernas é inspirar, liderar, motivar e xestiona-lo seu equipo de traballadores, pero sempre delegando e confiando neles. De non telo feito así agora estariamos a criticalo por ter unha xestión individualista e presidencialista, estilo Florentino Pérez.

Polo tanto, toda a culpa da xestión deportiva do Celta recae en Ramón Martínez. Desmantelou o organigrama deportivo existente sen atender á sabedoría popular de que "máis vale malo coñecido". Montou unha política de fichaxes nas que aparentemente importaba máis a relación do representante do futbolista con Martínez antes que a valía do xogador. Recorreu a infinidade de cesións de xogadores con implicación nula no noso clube... e cando case nos afunde no pozo da 2ª B, foxe como as ratas no naufraxio ante os cantos de serea de Pérez, Valdano e Pardeza (aquí a banda sonora é "Money, money, money, money, money makes the world go round, the world go round, etc.).

Así pois, agora que o "ideólogo" senta cátedra futbolística en Valdebebas, ábrese unha nova etapa con Torrecilla. Teñamos paciencia e deámoslle un prazo razoable. Non lle envexo o cargo cos petos baleiros como os temos. A creación da sección oficial do RC Celta en Facebook e a remodelación da web (xa era hora! de tódalas webs dedicadas ó Celta resulta que a oficial era a peor de todas, no fondo e na forma!) son outro indicio de que os tempos son chegados. Este ano ascendemos a 1ª, seguro, o noso sitio natural.

Para iso vainos facer falta afouteza e corazón.

09-06-09



  A peor afección do mundo (2)

 

 

Merecidamente xa non sómo-la peor afección do mundo. Xa lle deixamos o título os do Betis, Sevilla ten unha cor especial, e que arte teñen todos os andaluces.

Paseando polos arredores de Balaídos antes do partido contra o Alavés un grande número de conversas eran máis ou menos así:

A - E logo ti por aquí? Outra vez?

B- Si home si. Xa sei que ó final vai pasa-lo mesmo que contra o Murcia, pero cando o levas dentro e creces así... qué lle queres? (cara de resignación)

Foi todo un orgullo ve-lo estadio o día do Murcia e mais do Alavés, pero máis aínda foi senti-la actitude de todos, positivos, afoutos e tirando dos xogadores cara adiante mesmo nos momentos nos que máis atacaba o Alavés.

Agora só toca esperar que nesta temporada 2009/10 a directiva, os técnicos e mailos novos xogadores salden a débeda contraída coa MELLOR AFECCIÓN do mundo:

NÓS, o CELTA!!

 

Afouteza e corazón!

 

08-06-09



  PAILÁNS (2)

 


 

Sábado 6 de xuño de 2009. 20.25 horas. Acaba de rematar o partido RC Celta - Alavés en Balaídos coa victoria local por 2-1. Este resultado deixa matemáticamente salvado ó Celta, pois a posibilidade remota do triple empate a 46 puntos entre estes dous equipos e mais o do Las Palmas deixa o Alavés en último lugar.

Como se pode aprezar nas diversas fotografías desta reportaxe, en solidariedade coa afección viguesa e tamén en reciprocidade polas manifestacións de alegría producidas en Vigo e bisbarra tralos últimos éxitos deportivos do FCB, non só Barcelona, senón Cataluña enteira estalan en celebracións: o afeccionado barcelonés (e nótese que non decimos "barcelonista", porque "barcelonés" e "catalán" son sinónimos completos, ó 100%, de "barcelonista": como é ben sabido nin en Cataluña nin en Barcelona hai ningún outro equipo de fútbol, e moito menos en 1ª división; tódolos cataláns e barceloneses, sen excepción, son afeccionados do FCB) botouse á rúa tras remata-lo partido de Balaídos

Xa desde primeira hora do día podía percibirse en Barcelona o ambiente festivo das grandes ocasións. A cidadanía vestira maioritariamente coa camiseta do Celta ou, no seu defecto con cores celestes. En milleiros de balcóns e edificios ondeaban bandeiras e estandartes célticos. Todo indicaba que ía ser un gran día, xornada que a cidadanía barcelonesa pasou ocupada buscando nos fornecedores de televisión por cable e satélite a canle pola que se transmitiría o partido para Cataluña ou, cando non atopaban ningunha, en que web se podería ver. Os sms e as chamadas de teléfono non pararon en todo o día de concertar citas nos bares, concentracións pre e post-partido, etc.

Durante o partido as rúas de Barcelona foron un ermo desértico: todos estaban na casa ou nos bares atentos ó partido co corazón nun puño. Ese ermo silencioso só se viu rachado nas dúas ocasións nas que Iago Aspas marcou: un berro de celebración unánime estendeuse desde a estatua de Colón ata a Moreneta de Montserrat, e desde o Delta do Ebro ata o cabo de Rosas e moitos afeccionados non puideron reprimir carreiras desde as barras dos bares ata a rúa cos brazos en alto e ondeando bufandas.

Os lugares emblemáticos do barcelonismo, na fotografía a fonte de canaletas durante as celebracións, rebentaban de afeccionados culés tolos de ledicia polo triunfo céltico:

Na praza da sede do goberno autonómico catalán bailáronse espontáneas sardanas para celebra-la permanencia do RC Celta tras un ano agónico. Como se pode comprobar na fotografía a seguir, a multitude lucía orgullosa e plenamente feliz bufandas e símbolos celtistas.

Nada máis remata-lo partido por tódalas partes o estrondo dos petardos e fogos de luces atronaba a noite primaveral, de tal xeito que máis parecía se-la noite de fin de ano ou a de San Xoán. Os conductores enchían tódalas prazas e rúas da cidade (e non nos cansaremos de reiterar que tamén de toda Cataluña), facendo soa-las bucinas e ondeando bandeiras celestes, colapsando totalmente o tránsito de vehículos, como proban fidedignamente as seguintes fotografías:

Desde Como sempre, o de sempre queremos agradecer de corazón á afección barcelonesa e catalana o seu apoio incondicional ó RC Celta e ó celtismo polas as súas manifestacións colectivas de ledicia polo noso sino deportivo. Non esperabamos menos da noble afección irmá despois das demostracións viguesas de barcelonismo que, por exemplo, colapsaron a nosa Praza de América.

É outra proba máis da xenerosidade do gran país catalán, sempre pensando nos demais antes ca neles mesmos, pondo os caprichos innecesarios das comunidades históricas máis desfavorecidas e menos desenvolvidas (por exemplo, o AVE a Galicia, o auditorio de Vigo, a ampliación da Ponte de Rande) por diante das súas lexítimas e urxentes necesidades orzamentais e de infrastructuras. Gracias Barcelona e Cataluña!

Pois nada. Como sempre, o de sempre: Afouteza e corazón!

 

07-06-09



  Guardiola

 


 

Agora que Guardiola é Deus e nunca tal perfección humana se vira antes no universo, en Como sempre o de sempre queremos lembrar un artigo de cando o FCB e mais un árbitro desvergonzado alemán, chamado Markus Merck, nos roubaran unha eliminatoria da Copa da Uefa.
 
Para se percatar da perfección de Guardiola non hai máis que le-la noxenta reportaxe da revista dominical "Magazine" que saiu co Faro de Vigo o domingo 7 de xuño de 2009. Sirva como exemplo o seguinte fragmento, ampuloso e ridículo, a cargo dun tal Jaime Collell:
 
En las ruedas de prensa de esta temporada, Pep ha fabricado un personaje suave, casi filosófico, sensato y templado, de tonos medios, insólito entre el resto de las voces que penden del oficio. Incluso ha obligado a los periodistas a formular preguntas de nuevo rango e inventar hipótesis distintas a las habituales porque él se ha situado tras el micrófono con las respuestas ya urdidas en su mente.
 
Cómpre dicir tamén aquí e agora que Guardiola non se dopou nunca, endexamais! Iso queda para Aguirrechus e Gurpegis. Un persoaxe da súa integridade e catadura intelectual, como veñen deixando ben claro todos os xornalistas desde hai tempo, nunca faría iso. Seguramente eses italianos amañaron as probas científicas e de laboratorio na súa contra.
 

¿Intifada palestina? Non, fascismo metaleiro vigués. E un dos "guerrilleiros" ten a pouca vergonza de leva-la camiseta do Celta. Facer clic para ampliar.

Disfrutádeo:

¿De qué se queixa moi indignado o intelectual, escritor, modelo de pasarela e ecuánime Guardiola ante Losantos Omar? (Solución ó final desta sección)

¡Fascismo!

Guardiola a Losantos: "Roubádelle ó Celta! Roubádelle ó Celta!! Que nós somos o Barça e estades a xogar coa ilusión de moita xente e de todo un país.

 

¿Queixarase sobre a falta de Luis Enrique a Giovanella? Entre os erros de vulto que cometeu o árbitro alemán Markus Merck sobresae o da súa miopía na falta na que Rivaldo logra o segundo gol e no que, aparentemente , Giovanella se abre na barreira. O que pasou en realidade foi que o xogador céltico foi empurrado por Luis Enrique, que se atopaba detras del, xusto no momento en que saltaba. Ademais, o barcelonista, co seu traseiro, obstaculiza a Berizzo, que se dispuña a tapa-la zona pola que viña o balón. Esta "picardía" do asturiano abriu o oco necesario para que o balón lanzado por Rivaldo chegase en franquía á portería defendida por Pinto. Giovanella manifestou: "Pensei que mo tería que tragar". E é que o propio xogador céltico adminte que non se decatou do detalle ata que chegou á casa, despois do partido, cando viu as imaxes de televisión. "Pero se quen me empurra é Luis Enrique", recoñece ter pensado. "No momento da xogada crin que o que me desprazara fora un compañeiro. Durante o partido estaba centrado e non me decatei de quen era quen me sacaba da posición", sinala o xogador céltico."É Luis Enrique o que abre o oco para Rivaldo. Despois de ve-las imaxes, nas que se aprecia, ademais, como o propio xogador do Barcelona impide, co seu traseiro, que Berizzo vaia ó lugar polo que vén a pelota", indica Everton Giovanella. "Luis Enrique faino perfecto", admite o centrocampista, quen, por outra banda, está convencido de que "esta xogada téñena ensaiada". "Se non se desmostrase por estas imaxes o que en realidade sucedeu a xente crería que eu abandonei a miña posición. E é que eu pensaba o mesmo. Non era quen de entender como un compañeiro me puido ter apartado da dirección da pelota, porque estou seguro de que se non me tivesen empurrado o balón me daría no peito. Non entendía como o balón puido ter pasado por aí ata que vin a repetición en televisión".

¿Indígnase Guardiola pola man de Cocu dentro da área? Chama poderosamente a atención o penalti non sinalado a Cocu por unha clara man cometida na área. Un centro de Jesuli saiu rebotado cara ó centro da área con dirección a Mostovoi, pasando a carón do costado de Cocu, quen botou a man para evitar que o esférico chegase ó xenio ruso, xa preparado para rematar. O movemento da man é claro. Merk deixou sen sinalar esa pena máxima.

¿Reclama con vehemencia Guardiola o PENALTI e EXPULSIÓN de Reina a Catanha? Tampouco quixo ver nada no penalti de Reina a Catanha, cando queda demostrado que o guardameta culé lle impide o paso cara ó balón con toda a perna.

¿Acaso oubea e ornea polo gol mal anulado a Cáceres?As equivocacións do colexiado alemán adquiren un carácter de maior gravedade no gol anulado a Mostovoi a pase de cabeza de Cáceres. Nas imaxes pódese apreciar como Catanha pugna pola posición con Cocu e é Reina o que entra atropelando ós dous xogadores. O céltico apártase facendo o xiro coa perna dereita cara fóra para evita-lo contacto co porteiro azulgrana, que no seu camiño cara ó balón, se choca con alguén, é co propio Cocu, que non é quen de deixar expedito o camiño ó seu porteiro. De feito, Reina chega a saltar con Cáceres, aínda que este xa lle gañara na intención e conecta con total limpeza o balón que chegaría á liña de gol, onde Mostovoi remacha á rede. Xa non poden dicir que ó Celta non se lle anulou un gol legal...

¿Se cadra quéixase dun fóra de xogo inexistente sinalado a Jesuli? Mais non sería só Markus Merk o que pasara por alto estas situacións nas que o Celta saiu claramente prexudicado. Os seus xuíces de liña tamén colaboraron nesta nefasta situación, sobre todo ó sinalaren un fóra de xogo claramente inexistente a Jesuli cando recibía un balón en clara posición legal para encara-lo cancerbeiro azulgrana Reina.

Non, seguramente exáltase e berra porque no partido de ida Sergi comete un inequívoco penalti sobre Gustavo López que ninguén (os xornalistas tampouco) lembra nin reclama, por un agarrón intencionado dentro da área.

Ou, non, só se queixa de que Cocu agarra e derriba contra ó final do partido de ida a Edú cuando este se ía en solitario hacia Reina: PENALTI e EXPULSIÓN, e perde o partido de volta por sanción.

É moi fácil ser xogador do Barcelona ou do Madrid. É moi fácil ser Reiziger, corta-lo balón coa mano, agarrar a Gustavo López 20 veces e que a tarxeta lla poñan a Gustavo.É un pracer ser Luis Enrique, repartir golpes e couces, cuspir ós xogadores do Celta e seguir como se tal cosa coa connivencia dos árbitros e mais dos xornalistas.É un privilexio ser Guardiola, pita-los partidos, narralos para a radio e ó mesmo tempo indicarlle ó árbitro cando é falta e cando é cartón.
 

SOLUCIÓN:
Guardiola dille a Losantos: "Xogaches coa ilusión de moita xente, socios e seguidores do Barcelona". Ja, ja, ja, que risa nos da!!! É que la ilusión deles é más importante cá nosa e a eles non se lles pode atracar, pero a nós si, e non unha nin dúas veces. Desde que GASPART apareceu reiterada e repetidamente ORNEANDO, OUBEANDO, RINCHANDO, MUXINDO E BARRITANDO (coidado coa febre aftosa e maila encefalopatía esponxiforme!), o Barcelona foi descarada e impunemente favorecido en tres partidos consecutivos: dous da UEFA contra o Celta e un de liga contra o Mallorca. Insistimos: é moi fácil ser do Madrid ou do Barcelona; están afeitos a gozar continuamente de arbitraxes e erros a prol deles... é por iso que se incomoda Guardiola, porque UNHA VEZ, erran na súa contra.

Pois nada. Como sempre, o de sempre: Afouteza e corazón!
 

07-05-09



  O metal, o naval e o fascismo

 


 

Vaia por diante de xeito alto e claro que as REIVINDICACIÓNS  LABORAIS E SALARIAIS destes dous sectores son SEMPRE máis que XUSTIFICADAS, LEXÍTIMAS, LÍCITAS, XUSTAS e NECESARIAS. Apoiámolos e solidarizámonos de corazón con eles e aínda máis tralos plantóns e desplantes que lles dá a patronal, como sucedeu o martes 5 de maio de 2009.

Máis hai que dici-la verdade xa e non calar máis. Non hai dereito a que cada vez que fan folga poñan a cidade patas arriba. Non poden impedir que os demais traballadores e sectores productivos desenvolvan a súa actividade laboral e mesmo familiar cotiá de xeito normal. Non poden destrozar vandálica e impunemente o mobiliario urbano, destrozos que pagamos entre todos.

¿Intifada palestina? Non, fascismo metaleiro vigués. E un dos "guerrilleiros" ten a pouca vergonza de leva-la camiseta do Celta. Facer clic para ampliar.

É inadmisible que ataquen e ameacen a conductores e raien vehículos particulares. É unha vergoña que maltraten e mesmo destrúan negocios particulares de pequenas empresas unifamiliares que abondo teñen con saír adiante día a día. Non se pode permitir que impoñan o imperio do medo pola rúa, que leven serras mecánicas para ameazar ós conductores, que bares e negocios pechen ó seu paso, que os peóns se agochen nos portais ou mesmo queden na casa suspendendo ou aprazando xestións ata que eses salvaxes acaban as súas manifestacións,

¡Fascismo!

É incomprensible e imperdoable o que fixeron na delegación da Xunta de Montero Ríos cando guindaron centos de expedientes e outra documentación polas fiestras, arrasando todo canto atopaban ó seu paso... e que aínda por riba protesten e se fagan as víctimas cando a xustiza (tarde, como sempre) lles impón unha mínima e tímida condea. A cantos de nós prexudicaron en xestións vitais pola destrucción de toda esa documentación na Xunta? Seguro que ata se prexudicaron a moitos deles mesmos ou ás súas propias familias.

É imperativo denunciar tamén que é o sindicato CIG o principal culpable de mete-los cans na bouza cada vez que hai folga. E que contan coa connivencia e mailo silencio cómplice de tódolos outros sindicatos... e de toda a cidadanía cando calamos e lles deixamos facer.

Liberado sindical (con boina e mochila) e mailo seu portavoz (ó fondo, á súa esquerda) encabezando unha manifestación democrática.

Por non falar xa do que eufemísticamente dan en chamar "piquetes informativos": grupos violentos que abusando do seu dereito á folga e á libre expresión impiden pola coacción da forza bruta, animalizada e salvaxe, que outros traballadores do gremio exerzan o seu dereito ó traballo. É moi lícito que quen así o desexe faga folga, pero é igual de lícito que non a fagan os que non estean de acordo. Como en tantas outras ocasión nestes tempos no noso país, prodúcese unha colisión de dereitos, perfecta e fácilmente evitable, na que se acaban impoñendo as hordas de hunos privando ós demais dos seus dereitos.

Exemplo de piquete "informando democráticamente" durante a folga xeral no País Basco

Noutros gremios cando vamos á folga facémolo libre e responsablemente, en conciencia individual e persoal, sen imporlla a ninguén e sen molestar ós demais cidadáns porque xa é molestia abonda para a patronal, clientes, cidadáns e colegas que un sector pare, aínda que non sexa de xeito uniforme e maioritario. Xa bastantes dores de cabeza produce que unha soa peza dunha maquinaria non traballe, por insignificante que esa peza sexa, para que, aínda por riba, anden a amolar, amezar e aldraxa-lo resto do mundo.

Antidemocráticos

Está ben que se manifesten pola rúa, que nos fagan saber o que queren. Mais non é admisible que cando lles peta anden a destroza-los espellos retrovisores dos coches estacionados, racha-los cristais dos escaparates das tendas e comercios, entrar en bares e pequenos negocios para botar fóra ós seareiros pola forza e mesmo, en moitas ocasións, arrasar co local se non dan o brazo a torcer, ameaza-los clientes das grandes superficies e impedírlle-la entrada ós centros comerciais, atravesar na calzada e queimar contedores de lixo, cortar rúas, estradas e túneles e impedir que outros traballadores cheguen puntuais ós seus centros de traballo, etc. etc.

 
¡Inaceptable!
¡Terrorismo!

Este comportamento antidemocrático que se repite sistemáticamente en cada convocatoria de folga só ten un nome, e hai que dicilo alto e claro: FASCISMO!! Son uns FASCISTAS. O seu discurso non o será e alegarán que a súa ideoloxía tampouco o é, mais sen dúbida a súa conducta non merece outro calificativo, polo que o repetiremos: FASCISTAS, FASCISTAS, FASCISTAS!!!!

As súas reivindicacións, xustas e lícitas, perden toda a súa forza e o apoio cidadán ó procederen así, porque évos ben certo que quen perde as formas perde a razón.

Máis lles valía ter nobreza, pois o seu comportamento é animal, salvaxe, indigno, inadmisible e, non nos cansaremos de repetir, ANTIDEMOCRÁTICO E FASCISTA.

Pois nada, como sempre, o de sempre: afouteza e corazón.

 

05-05-09



  PAILÁNS!!

 


 

Que vergoña e noxo pasei o sábado 2 de maio a conto do que agora dan en chamar, ó estilo rioplatense, "clásico" do fútbol español.

Ía pola Gran Vía arriba, á altura do que era o Cluny (outro pelotazo urbanístico da cidade, mira que che son listas as monxiñas: está prohibido deslocalizar instalacións escolares do centro urbano, pero parece ser que aínda que tódolos animais somos iguais, algúns son máis iguais ca outros; total para quedar na Estrada Provincial e repeti-la manobra dentro duns cantos anos, como o R. Madrid coa súa cidade deportiva...) cando un pailán saca medio corpo fóra do coche e axita unha bandeira do Barcelona ó tempo que se escoita un rebumbio xeralizado procendente dos catro puntos cardinais: marcaba o Barna o segundo gol.

Cheguei á casa e oín estouridos e petardos varios, bocinas e berros de ledicia. Puxen o teletexto e vin que o Barna sentenciara a liga. Chamoume un amigo aldraxado porque estaba nun bar vendo como un árbitro impresentable nos roubaba outro partido máis, esta vez contra a Real Sociedade, e o dono cambiou de canle para poñe-la merda do partido "do século" entre a aprobación e o xúbilo da parroquia de seareiros, quedando os celtistas sen poder ve-la fin dun partido crucial, que pola inquina do árbitro nos podía ter afundido preto do Alavés. Cóntame outro que indo o sábado á noite por unha  rúa de Vigo, vestido cunha camiseta do Celta, escoitoulle dicir a un rapaz, "velaí o escudo da merda do Celta" (sic)...

Chego o luns a traballar e vexo cantidade de camisetas do Barcelona, moitos sorrisos nunhas caras e moitas outras agachadas, tentando pasar desapercibidas.

Así somos nós, os galegos e, en particular, os vigueses , aínda que nos doa: pailáns, pailarocos, lelos, parvos, paifocos, palurdos, viraventos, xentiña de pouco carácter...

E así nos tratan desde todas partes: illados e esquecidos. Babeamos por dous equipos, un a 600 km e outro a máis de 1.000 km de distancia. Son síntomas concretos dun campo menor como é o fútbol, mais moi indicativos dun mal maior, moi grave, que afecta a quen somos e como somos, como nos vemos e percibimos e como nos desenvolvemos... outra vez o auto-odio. Non é de estranar que as autovías tardaran o que tardaron en chegar aquí e cando chegaron que trazado de tolos tiñan (só hai que ver a subida a Puxeiros por ámbalas dúas abas). A ninguén lle pode parecer raro o vacile que nos están a meter, uns e outros, co AVE. Non debería causar admiración que dentro de Galicia aínda estea Vigo á cola de todo beneficio, infraestrutura, xulgado, rexistro, delegación, etc., sendo como é o motor industrial, de población e o que aporta o groso do PIB de Galicia. Non pode sorprender que Zapatero ceda no financiamento ante Cataluña e Andalucía e non quede nada para nós.

Como xa teño escrito outras veces, témo-lo que nos merecemos, por pailáns. Mira que preferir ir dun equipo alleo que por un da terra... Eu entendo que alguén que viva no deserto (deserto en tódolos sentidos: físico, xeográfico, mental, vital, etc.) de Valladolid, Palencia, Teruel ou Albacete se identifique cos equipos gañadores, cos mal chamados "grandes". Pero nós, aquí... que necesidade temos diso? E máis vendo como están de adulteradas as competicións, como sempre teñen que gaña-los mesmos, sota, cabalo e rei, vendo como nos tratan os xornalistas deportivos, os árbitros e mailos comités.

Pregade porque non sexa eu presidente do Celta nunca, porque o día que chegaran o Madrid ou o Barna, ía poñe-las entradas a un prezo que se ía a enterar toda a pailanada.

Pois nada, como sempre, o de sempre: afouteza e corazón.

 

01-02-09



  ABRIR VIGO O MAR

 

          x Fai clic para ampliar                    x Fai clic para ampliar                     x Fai clic para ampliar


Velaquí a penúltima monstruosidade viguesa. Aquí, nun extremo da praia do Vao, xunto ó Breadouro, houbo durante anos un chiringuito de planta baixa, discreto e inconspicuo, que non tapaba as vistas a ninguén. Desde o punto onde foron tomadas estas fotografías a penas era visible e, desde logo, non impedía nin entorpecía a visión dunha pinga de auga. Foi derrubado porque disque era ilegal. Correcto. Todos temos que cumpri-la lei... mais vistas estas fotos, parece que, como na fábula de Orwell, "tódolos animais somos iguais, pero algúns animais son máis iguais ca outros".

A Lei de Costas di que non se pode construir a menos de 200 m do punto da marea alta. Pois xa vemos como se cumpre en Vigo a lei. Seguramente esta construcción para hostelería teña licenza municipal en regra e sexa todo legal, pero seguro que ético e moral non é: sotos, planta baixa, e outro andar (e ata con ascensor!), a 50 metros escasos da marea alta. A só 15 metros da area. Hai que te-la cara moi dura.

Hoxe aínda hai vistas... a través dos piares e das placas. Pero o día que empecen a ergue-las paredes, alá perdímo-los vigueses outra perspectiva máis, quedamos sen outra riqueza intanxible pero inconmensurable. De quen é a culpa? De todos nós, vigueses, que o permitimos.

Esta cidade non ten esperanza. ¿Fiel, leal, valerosa e sempre benéfica? Xa foron tempos, porque o que é hoxe en día. Miña madriña! Disfrutando dun contorno natural único no mundo, conseguimos facer durante décadas un adefesio espantoso (rúas como a Tvía. de Vigo, Pi e Margall, Torrecedeira, etc.). Pero non damos aprendido, seguimos e seguiremos destruíndo canto bo nos rodea en aras dunha pretendida modernidade e dun falso progreso (por certo, outro día hei falar dos recheos na Ría e do aparcadoiro de coches da Zona Franca no medio do mar).

De momento só está feito o esqueleto do monstro. Imos ver, cando estea rematado, que pinta vai ter. Xa dixen no parágrafo anterior que esta cidade non ten esperanza, así que estéticamente non espero moito máis do que ofrecía o Celta de JM López Caro ou o que está a ofrecer o de Pepe Murcia.

Que noxo! Que mágoa! O que necesitabamos era afouteza e corazón para acabar con toda esta caterva de especuladores egoístas que nos rodea: políticos, promotores e constructores.

Pois iso, afouteza e corazón

 

26-11-08



  MUNDIAL 2018 

 

Queren pedir que o Mundial de fútbol do 2018 se celebre en España. Non sei se a petición sae da federación ou do goberno. O que si sei é que aí hai moitos cartos polo medio. Moito novo estadio, moitas recalificacións urbanísticas, moitas reformas, moitos promotores, constructores, empresas de xestión de acontecementos, etc. Moitos, moitos cartos. Os defensores do todo vale que levaron ó mundo a esta crise galopante do 2008 dirán que así se potencia a obra pública, a creación de emprego e a reactivación da economía. Da economía de quen, pregúntome eu, porque a miña anda sempre desactivada.

O caso é que eu xa vos teño unha idade e lembro que no mundial do 82 Vigo foi a sede central do grupo de Italia (que acabaría por se-la campiona daquel mundial), Polonia (acabou 3ª, por diante da Francia do insoportable e prepotente Platini, outro multitarea tal como Guardiola: xogador e o mesmo tempo adestrador, árbitro e comentarista do partido), Camerún (equipo revelación daquel campionato) e Perú. Italia, escolleu xogar en Vigo, por riba doutras sedes da península. Como cabeza de serie do seu grupo, disputou os seus 3 partidos en Vigo. Os outros 3 partidos entre os outros equipos xogáronse na sub-sede, nun estadio feo, pequeno, mal feito e con só 3 bancadas (detrás dunha das porterías había un pavillón de deportes, pero non espectadores). Todo canto acto protocolario oficial e oficioso se celebrou naquel grupo tivo lugar en Vigo, como sede central do grupo. Mesmo no primeiro partido, Italia-Polonia, rompeuse o estricto protocolo e, en lugar de soar exclusivamente os himnos dos equipos participantes, o responsable da megafonía de Balaídos con afouteza, corazón, xeito e sentidiño puxo primeiro de todo o himno galego. O realizador de televisión non tiña nin idea e foi amosando unha a unha as caras dos xogadores polacos (entre eles o gran Boniek). Lembro claramente que TVE mandara de comentarista a un tal Miguel Vila, presentador de programas infantís e rapaz-para-todo-cando-non-temos-a-quen-poñer. Como non tiña nin idea do que estaba pasando, afirmou rotundo que os xogadores polacos escoitaban o seu himno "visiblemente emocionados", mentres na bancada se cantaba claramente "Que din as altas copas de escuro arume arpado?". Xenial. Aínda me doe o bandullo de tanto que rin.

Lembro tamén que nos fixeron unha bancada nova para Río, daquela toda unha modernidade e ben grande e bonita (por certo, fixérana unha das empresas de Ruíz Mateos). Recordo que houbera reformas, ampliacións e melloras en tódo-los estadios e que en Valladolid lles fixeran un estadio novo (o vello estaba máis o menos onde hoxe teñen o Corte Inglés, no Paseo de Zorrilla). Non sei se en Elxe ou en Alicante tamén lles fixeran un novo, non estou certo deste dato.

Todo isto vén a conto de que desde 1982 Vigo perdeu o seu pulo, toda a forza e importancia en Galicia. Estou ben seguro de que se se chega a celebrar o mundial de 2018 en España Vigo non vai ser sede de ningún tipo. E de chegar a ser, non sería cabeza de serie, nin moito menos, en todo caso sería subalterna daquela subsede do ano 82: que volta lle deron á tortilla! E nós, como sempre o de sempre, deixámonos.

Levamos anos a voltas coa construcción dun estadio novo en Vigo. Parece que o mundial podería se-la ocasión ideal. Perdede coidado, non vai pasar nada, como moito algunha reformiña menor para nos tapa-la boca. Pero xa veremos a quen lles recalifican terreos, a quen lles fan estadios novos, etc. etc. Aposto por algún lugar ó outro extremo da autopista (e non me refiro a Ferrol), por non falar xa do resto da Península. Como sempre, máis orzamentos e máis cartos para os mesmos. Agora ata perderon a discreción e a vergoña. A.C. Cerdoiro tivo o morro de pedir en público que o Xacobeo sexa o seu patrocinador... e non só iso, ata se atreveu a esixir un prezo do patrocinio. O que pasou en realidade é que era o Celta quen negociaba coa xunta o tal patrocinio. Cerdoiro, quen manexa a súa sociedade privada sempre cun ollo posto no Celta, imitando, copiando e tentando desbaratar fichaxes e outras operacións, fixo como xa ten feito moitas veces: mete-los fuciños en negocios alleos e, cheo de ciumes, dicir que el tamén quere o que primeiro se lle ocorriu ó Celta. E estou certo de que se vai saír coa súa. Cada cousa que se propón sáelle ben, e esta tamén lle ha saír: fastidiará o noso patrocinio e será a súa sociedade a que quede cos beneficios. Ata o Pontevedra conseguiu que lles financiasen bancadas novas. Mentres, para nós, nada. Pois cando chova seguiremos levando o paraugas a Río Alto ata o 2018, a ver se daquela arranxan as goteiras.

Pois nada, como sempre, o de sempre: afouteza e corazón.

 

27-10-08



A MADROA vs LEZAMA

Como vén sucedendo case tódolos anos o noso filial asoballou o filial do Athletic Club por 0-3. Así titulou a súa crónica "La Voz de Galicia" (escollo este diario a concienza, por non seren estes sarracenos sospeitosos de celtismo precisamente): "Recital de xogo e goles do filial celeste en Lezama ante un Bilbao Athletic entregado". E inclúo un par extractos: "Foi un auténtico repaso futbolístico e de oficio sobre uns cachorros que nunca deron mostras de poder conte-las avalachas visitantes (...) Non houbo reacción porque os cachorros non podían coa efectividade e o bo facer dos galegos."

Pois ben, a seguir van as aliñazóns de ambos equipos e xa veremos en dous, tres ou como moito catro anos, cantos dos nosos chegaron, xa non ó primeiro equipo, senón a 1ª división en calquera outro (xa por non falar de 2ª)... e a ver cantos dos do Athletic. Eu aposto a que dos vascos chegan a xogar en 1ª máis do doble de xogadores nosos. Esperemos conservar este arquivo e alá polas temporadas 2010/11, 2011/12 e 2012/13 facémo-la comprobación

ATHLETIC CLUB  B

R.C. CELTA B

Mandaluniz

Joel

Larrea

Guardado

Etxebarria (Etxeita)

Alba

Ekiza

Jordi

Íñigo Pérez

Pastoriza

Oinatz

Aicart

Soberon

Ferrán (Aspas)

Adrien Goñi

Cristian García

Enziondo (Líbano)

Jonathan Álvarez

Kijera (Julen Goñi)

Mateo (Ruíz)

Ismael López

Oriol (Dani Gail)

Por outra banda, repasando a nosa aliñazón asombra comprobar canto nome e apelido 100% galego enxebre teñen os nosos xogadores: Guardado, Jordi, Aicart, Ferrán, Oriol, Gail... así nos loce o pelo. Máis nos valía facer como o Athletic Club, exemplo claro de como hai que traballar. Peor do que nos vai non nos ía ir (de feito, xa non nos pode ir). En Bilbao, en Euskadi, a ilusión dos rapaces é xogar no Athletic e esas son as camisetas que piden, non como aquí, pailáns que somos, onde se ven pola rúa máis camisetas do Madrid, do Barcelona e mesmo do Manchester cás nosas. Cuestión de identidade, de orgullo e de auto-odio.  Pero iso todo está xa estudado e escrito. E así nos vai, a Galiza en xeral e a Vigo en particular, e non só no futbolístico, senón en infraestruturas, orzamentos etc.

Pero claro, home, aquí sómosvos tan modernos que adoptamos cos ollos pechados canto costume forasteiro existe: a feira de abril en Vigo! en pleno mes de maio!! Non podiamos ser máis pailáns. Atá sei de colexios que non perdoan ano tras ano a feira de abril, con chapeu cordobés os rapaces e traxe de xitana as rapazas, facendo que os alumnos bailen sevillanas, aserejés e outras bazofias sen que escoitasen nunca, xamais na vida, música galega algunha. Que noxooo!!! E que me dicides do costume madrileño do Roscón de Reis que están a impór as panaderías por interese propio obvio... aquí nunca existiu tal costume. O roscón, como ben sabe todo padriño que se prece, é pola Pascua! (por certo, á merda con todos eses ovos de Pascua, ocos por dentro, símbolo do baleiro total de importar costumes alleos: onde estea un bo roscón, se pode ser de xema dos da Guarda, que se quiten as larpeiradas esas de 4ª categoría).

Do mesmo modo, xa abonda de oír falar do "duende" andaluz e que ninguén lembre que nós, os galegos, temos "xeito", ou que unha rapaza pode ser "xeitosiña"...  hala, intentade traducilo a outro idioma: achegar, poderedes achegarvos, mais dar coa traducción exacta, fiel e cabal... imposible! Porque a nosa lingua ten moito xeito, aínda que os xenófilos, amantes de todo o que nos sexa alleo, non o queiran ver (en realidade, non o poden entender)

E despois chega a imitación da metrópole/potencia colonial catalana: polo día do libro, agora somos tan parvos de mercar tamén unha rosa... que non, conas!!! que nunca cousa tal se fixo por aquí!! A ver se paramos de imitar os demais e potenciamos o noso! Vivan o magosto e a matanza do porco, invencións galegas, copiadas só por Portugal e que ninguén máis imita. Por que sera que nos telexornais nacionais todos, ano a ano, nos abafan coa inauguración da feira de abril, co Sant Jordi, etc. etc., e nunca din nin chío do magosto, nin do San Martiño, nin do día das Letras. Ata esqueceron o día de Santiago... Queda todo reflectido no feito de que Iago Falque agora e Falqué, con til, xa é catalán e non galeo, e Dani Abalo pasou para os comentaristas do Canal + a ser Ábalo, esdrúxulo, que en anglosaxón soa mellor ca en galego.

Outro clásico da nosa pailanada é o Halloween, que aquí existiu sempre, pero nós chamámoslle Difuntos. Agora os centros comerciais, e mailas tendas de xoguetes e disfraces queren convertilo nun novo entroido, pero non por iniciativa propia, nun arranque de xenialidade, senón por burda imitación do costume que os emigrantes irlandeses levaron ós EE UU, culpables últimos de nolo impor por medio desta globalización mal entendida que agora arruina ó mundo enteiro. Aquí cabazos baleiros usáronse sempre por difuntos, mais agora amola ver que monas de repetición podemos chegar a ser.

E ollo, que dentro de nada imos celebrar o San Padraig irlandés por todo o alto, como queren impor tódolos bares pseudo-pubs-irlandeses. Mais iso si, outra tradición que non vén directa de Eire, senón de rebote a través, como non, como sempre os de sempre, de EE UU.

Pois iso, afouteza e corazón.

 

17-06-08



O PUPAS SOMOS NÓS
 

Xa estou farto de escoitar á madrileñada toda chamarlle ó Patético de Madrid "o pupas". Que queixa poderá ter un equipo que ten o favor dun amplísimo sector da prensa e de moitos políticos. Que nunca sufriu un revés importante fóra do campo e que contou coa connivencia das autoridades durante o mandato de Gil (aquel impresentable que na sé da LFP mallara no presidente e no xerente da SD Compostela e logo interpuxo os seus gardacostas para non chupar o que merecía, sen recibir castigo ningún, nin legal nin federativo). Uns caraduras que gastan o que non teñen, todas as autoridades fan a vista  gorda e volven gastar á seguinte temporada outra vez sen medida. Un equipo que nos roubou o primeiro partido do Celta que eu lembro ter presenciado de neno en Balaídos (creo que na temporada 1973/74) despois de ir gañando nós 1-0 o árbitro conseguiu, entre o escándalo da bancada que o Patético gañara 1-3. Tan escandaloso fora a cousa que o daquela alcalde de Vigo (penso que era un tal Ramilo) mandara á policía municipal que prendera o árbitro por escándalo público.

Nós si que somos o verdadeiro pupas: A federación negounos o ascenso conseguido legal e merecidmente no campo varias veces nos anos 30. Matáronnos a un xerente uns cacos que roubaron catro duros. Quedounos un xogador titular, aínda novo e con futuro por diante, en cadeira de rodas nun accidente de tráfico. Descendéronnos a 2ª B administrativamente por non presentar  uns avais bancarios. Roubáronnnos outro ascenso conseguido no campo por presunta aliñación indebida. Aturamos durante anos a un periodista como Eiroa (afeccionado confeso do Pontevedra CF, outros envexosos ós que tamén lles hai que botar de comer á parte) que en vez de defende-la cidade e mailo equipo como fan todos os corresponsais, cada vez que conectaban desde Madrid botaba pestes contra Vigo e mailo Celta. Ata lembro un domingo de sol e calor e o moi cara dura dixo na conexión que chovía... Temos un presidente inepto que nos leva a ruína (Mouriño). Quedamos en tres ocasións fóra da copa da UEFA (contra o Olympic de Marsella, contra o Lens e contra o Barna) por auténtica mala fortuna cando xogabámo-lo mellor fútbol de Europa. Ben, no caso do Barna non fora por mala sorte, senón por roubo total e absoluto do árbitro Marcus Merck que non parou ata facer que o Barna se clasificase inmerecidamente. Non entramos na Champions un ano que merecimos gaña-la liga porque, mermado o equipo polas lesións, perdemos contra o Patético no derradeiro partido de liga cando nos abondaba o empate e eles non tiñan gañado un só partido fóra en toda a temporada. Perdémo-la primeira final de copa contra o Sevilla por ter que xogar poucos días antes un partido de desempate e quedar mancados xogadores. Perdemos outra final por penaltis. Na segunda final contra o Zaragoza, en 2001, o árbitro non quixo ver un penalti claro e alevoso sobre Juanfran cando iamos perdendo 2-1. Esa final non lla deixaron disputar ó xogador noso máis desequilibrante do momento, Jesuli, porque o árbitro do partido de  volta da semifinal contra o Barna (outra vez eses noxentos) inventara unha expulsión non rigurosa, senón totalmente caprichosa e inxustificada, destinada a aplaca-las iras dos cataláns, que estaban quedando eliminados)... Entón, ¿Somos ou non nós o verdadeiro pupas?

Fixádevos se temos mala sorte, que cando gañámo-lo primeiro título europeo para o fútbol galego, a Copa Intertoto, era un título sen valor nin importancia ningunha e sen embargo, agora, en 2008 parece ser, como di a TVG entre outros, que é todo un éxito conseguir clasificarse para disputalo (ollo, que non digo gañalo), e iso que dous equipos que quedaron por riba do teu na clasificación non se apuntaron para xogalo... E aínda máis: se seremos desgraciadiños que no trofeo Teresa Herrera sempre se invitou ó campión a defende-lo seu título ó ano seguinte... agás cando gañou o Celta.

Pois iso, afouteza e corazón.

 

23-05-08




EU NON ESQUEZO: QUE NOXO!



 

Hai uns días escoitei na radio que se o Alavés descendía a 2ª B desaparecería case con total seguridade. ¡Pois a ver se é verdade! Eses indesexables foron xunto co Cádiz e mailo Huelva os que nos denunciaron no caso Toni Moral, nun uso claramente torticeiro e malicioso dunha norma ideada para protexe-las canteiras, Certamente o Celta se despistou, mais era evidente que non se maltratou o xogador nin houbo adulteración da competición... En realidade si a houbo, pero foi máis tarde, cando nos quitaron os puntos gañados xustamente no terreo de xogo. O meu desprezo eterno para eses tres equipiños... e  para o Comité de Competición (preme aquí para ve-la foto) que tanto rigor amosa sempre que se trata do Celta. Que voltas dá o destino, pois o Alavés acabou fichando a Toni Moral. Vendo as entradas do estadio do Alavés, máis ou menos como as nosas, pregúntome onde irán todos aqueles siareiros que fixeron imprimi-los seus nomes nunhas camisetas de cor rosa cando xogaron a UEFA. Se hai sorte aínda os veremos ou os faremos descender a 2ªB no derradeiro partido desta liga 07/08 en Balaídos. Qué doce vinganza!

Do mesmo xeito, han algún día han apodrecer na ignominia que merecen o Albacete (case xa está) e mailo Valladolid (tamén lle ha llegar o seu San Martiño), por voitres carroñeiros no caso dos famosos avais. Neste caso o Celta non cumpriu polo rebumbio e desorganización da chegada de Horacio Gómez á presidencia. Como quedou demostrado na tumultuosa asemblea de accionistas celebrada no pavillón das Travesas, a xerente Angelines tivo toda a culpa (que lle quixeron cargar a Javier Maté), mais Horacio, como máximo responsable en última e primeira instancia, non quixo facer máis sangue que poñela a traballar nas tarefas administrativas máis baixas. Pero hai que contalo todo. O Celta presentou os avais con 12 horas de retraso: pechábase ó prazo a medianoite e os parvos dos nosos directivos acordaron tarde e presentáron a documentación ó mediodía seguinte... de novo sen ánimo de incumprir nin salta-la regla. Máis o R. Madrid e o D. Coruña presentaron os avais con máis de media hora de retraso cando o prazo xa rematara... Por que é aceptable un retraso de 30 minutos e non o é de 12 horas? Se hai un prazo haberá que cumplilo e de faceren manga ancha con algúns terán que facela con todos. Estouvos convencidos de que o que nos salvou foi que o Sevilla tamén metera a pata. Tede por seguro que chegamos a estar nós sós e imos para 2ª B sen remedio, e o enano manipulador de Butanito non tería movido un dedo por nós.

Máis da radio: o martes 22 de abril de 2008 De la Morena fai a introducción previa ó seu programa alegrándose da fin dos dous anos de sanción a Gurpegi e insistindo na súa inocencia. Fai falta te-la cara dura de dála absolución radiofónica a Gurpegi cando nunca moveron un dedo por Giovanella e mofáronse todo o que quixeron do pobre Agirrechu (sobre todo o pseudoperiodista Alcalá, un inepto que fixo a meta da súa vida meterse co gran ciclista Abraham Olano e a súa muller). Tamén se fartaron a defender a Guardiola (si, ho, aquel xogador do Barna que tiña o gran talento de dicirlle ó arbitro o que tiña que pitar en cada momento en vez de xogar ó fútbol), outro inocente, que nunca tomou nada, pobriño. Como sempre, o de sempre, mano dura cos nosos.

Mais todos estes agravios non son novos. Como podedes leer na sección de Historia desta web a inquina federativa do Celta vén de lonxe: xa na década dos 30 do século XX a federación ideou diferentes xeitos para nos impedir ascender como tiñamos gañado xustamente no terreo de xogo.

E postos a falar de merdentos non podía esquecer á selección de Camerún, a Eto'o e ó Barna pola actitude denigrante e desprezable dos africáns eses antes do partido contra a selección de Galiza. Pola "obxección" de Eto'o a xogalo e pola actitude ambigua de Laporta e directiva que non se atreveron a prohibi-la presenza de Eto'o no partido. Non llo prohibiron aberta e públicamente porque tamén xogaba a selección catalana por aquelas datas, pero polas costas fixeron todo e máis para que non xogara. Iso si, ó final levaron o seu merecido cando o pobre do seu porteiro reserva quedou mancado de gravidade no partido Euskadi-Cataluña.... ¿e a quen tiveron que recurrir? Mira ti, home, a Pinto,  porteiro dun equipo galego, cuxa selección desprezaron e ningunearon descaradamente.

Albacete, Valladolid, D. Coruña, Camerún, Butanito, De la Morena, Alcalá, Joseba, Laporta, Eto'o... merda para vos! merda eterna para todos vos!

Pois iso, afouteza e corazón.

P.S.: Esquecía a afección do Zaragoza, outra esixente do estilo da dos cans sarnosos sarracenos ou a do Valencia. Merda para eles tamén, a sufri-las hemorroides de 2ª división en silencio. Non lles perdoarei nunca que trala final do ano 1994 na que tan bo ambiente houbera,  recibiran cuns tremendos asubíos e apupos ó Celta na Romareda ó domingo seguinte. Que mosca lles tería picado a eses para nos tratar así. Parvos, máis que parvos, merda para vós tamén.

14-04-08



NON SABEN O HIMNO

 

No principio existía a Palabra,
e a Palabra estaba onda Deus,
e a Palabra era Deus.
Ela estaba no principio onda Deus.
Todo foi feito por ela,
e sen ela non se fixo
nada do que foi feito.
(...) E a Palabra fíxose carne,
e plantou entre nós a súa tenda.

Que poder ten a palabra! É o que nos distingue como especie. O que nos levou a domina-lo planeta por riba doutros animais máis fortes e mellor adaptados ó medio. Sen palabra non existimos. Non somos. Non pensamos. Porque todo o noso entendemento, o que somos, temos, desexamos, tememos, todo, é palabra. Non somos quen de pensar sen palabra: o noso raciocinio é unha corrente continua e imparable, máis ou menos fluída e mellor ou peor artellada, de palabras. É certo que tamén temos sensacións, percibimos sabores, olores, cores, dor, pracer, frío, calor, etc. pero inevitablemente a cada unha lle asociamos unha palabra que a designa. A palabra nos identifica: é a nosa identidade. Tan importante é que, como se ve arriba,  no prólogo do Evanxeo según San Xoán se iguala a palabra ("logos", "verbo") a Deus e a Xesús, e San Paulo na súa carta ós Hebreos escribiu (1, 3) "El sostén tódalas cousas coa súa poderosa palabra".

No Celta temos himno. E a diferencia do de España, o noso si que ten letra e se pode cantar. E con orgullo. Mágoa que dende o presidente Mouriño ata o último xogador e pasando por todo o persoal intermedio (en especial, Ramón Martínez) non o saiban . E ben que lles viría. O himno identifícanos e dános forma. E por se fose pouco, temos tres, e cada un describe un matiz do noso ser celtista: o oficial "Hala Celta a demostrar", o oficioso-enxebre "Díxolle ó sobriño o tío" e a "Rianxeira", este último adoptado por nós en primeiro lugar e despois, como sempre, imitado polos copións do norte. Mesmo Patxi Salinas se emocionaba narrando no programa "Supervivientes" como se lle puña a carne de galiña ó ver o estadio cantando a Rianxeira coas bufandas ó vento. El si que captou a idea e non a caterva esa que nos goberna agora.

Outros equipos non teñen himno ou, como no caso dos cans sarracenos, fixeron un nos últimos tempos a remolque dos éxitos efémeros e pasaxeiros: aires de novos ricos pailáns, querer e non poder. E así lles saiu: unha bazofia baldeira de contido, reiterativa e digna de ser cantada por Pili Pampín nas verbenas de verán  máis cotrosas e paifocas, ou mesmo por un grupo que leva o nome dun barrio de churrianas (seguramente unha homenaxe ás súas nais), liderado polo "ideólogo" bravú (pallasos!): Y digo Vomitivo, vamos a aburrir en este partido. Y digo Vomitivo, tivo, tivo.

Toda esta recente tempada de chascos e desidia (non só na temporada 2007/08 senón tamén noutras recentes) vén de non facer caso do himno: "...que o teu lema é nobre xogo, afouteza e corazón". Resulta evidente que o plantel actual carece desas tres virtudes. Pensan que o nome que levan escrito nas costas da camiseta é máis importante có do escudo que levan no peito. Normal: etá feito a imaxe e semellanza da directiva e do corpo técnico. Reto a Carlos Mouriño, a Ramón Martínez ou a Cannobio a que canten o himno sen karaoke. De todos os que están aí só o deben saber Roberto Lago e Borja Oubiña (e por se acaso non os reto, non vaia se-lo demo).

No Barcelona, por exemplo, téñeno máis claro e de aí a recomendación da directiva ós xogadores para que aprendan o idioma do país. Xa hai anos saíran na tele Pim e Pom (os xemelgos de Boer) en clases particulares de catalán. En Bilbao a ilusión dos rapaces é xogar no Athletic e esas son as camisetas que piden, non como aquí, pailáns que somos, onde se ven pola rúa máis camisetas do Madrid, do Barcelona e mesmo do Manchester cás nosas. Cuestión de identidade, de orgullo e de auto-odio.  Pero iso todo está xa estudado e escrito. E así nos loce o pelo, e non só no futbolístico: as últimas merdas ninguneadas e esquecidas.

A preparación da vindeira temporada, de tódalas temporadas, debería empezar por aprende-lo himno, asumilo, facelo propio e sacalo ó campo. E de paso tamén poden aprende-lo lema de Vigo: "Fiel, leal, valerosa e sempre benéfica". Hai que darlle importancia ós símbolos, ós uniformes, ós xestos, ós discursos... Xa dixen que a palabra nos artella, nos fai homes, fala de nós, nos identifica e nos cualifica. E así faría o himno cos xogadores.  Desde hai moito tempo as organizacións, entidadades, colexios, etc. teñen lemas e por algo será: Ut prosim ("que eu sexa útil"), Labor omnia vincit ("o traballo todo o pode"), etc. Esas palabras encarnan a misión e maila visión desas compañías: o que son, o que queren ser e, sobre todo, o que ofrecen e queren trasmitir. En moitos deportes os equipos antes do partido fan unha piña coas mans xuntas e berran un lema que os une e anima. No Celta non se ve nada disto, ningún síntoma de unión, de perseguir unha meta común. Nada. E así nos vai

Daquela, a estudar e a cantar.

Pois iso, esta vez con máis razón que nunca, afouteza e corazón.

 

 

09-04-2008



A PEOR AFECCIÓN DO MUNDO
 

Non, seguramente non gañamos nin ese título, porque peores que nos aínda son os do Valencia co seu insoportable e incomprensible gusto polo ruído, ou os sarracenos, que aínda están a vivi-las vacas gordas, mais xa me contaredes cando lles cheguen as flacas, que lles han chegar, ho, que o seu sitio natural é a 2ª e daquela xa veremos as bancadas e os petos baldeiros.

Se non somo-los peores, andámoslle por aí. Non nos vale nada, sempre queremos máis, e mellor se é de fóra. Como diría Van Gaal, "nunca positifos, siemprrre nejatifos". Parece mentira que nunha vila como A Guarda, a 50 kms de Vigo, haxa máis, mellores e máis fieis celtistas que en Vigo.

Por outra banda se La donna é mobile, a bancada de Vigo aínda é  máis voluble e caprichosa. Pedimos demisións e ceses (si, xa sei que moitos credes que é o mesmo, pero non, haivos diferencia), con máis facilidad coa que ladra a miña cadela, pero desde logo con moito menos criterio e intelixencia, por non falar de fidelidade.

Aplaudimos ós recén chegados a rabiar sen que teñan demostrado nada e preferimos apelidos como Núñez (contra o que non teño nada, todo o contrario: moi limitado técnicamente, pero encarna o noso himno moi ben: nobre, afouto, con corazón e tesón incansable), Rosada ou Lucas antes cós Oubiña, Nogueira, Caínzos, Coira, etc. Vergoña nos había de dar. Ata os que van ve-lo Celta B a Barreiro quéixanse e láianse no canto de apoiar ó equipo.

Tiñamos que tomar exemplo da afección do Athletic, que durante a liga 2007/08 na que se xogaban o descenso co Betis e con nós, tivo un comportamento modélico, apoiando ó equipo ó 100% e non asubiaron nin apuparon ata que o árbitro indicou o final do derradeiro partido da liga. Entón si: San Mamés sacou os panos brancos, asubiou, berrou, apupou e queixouse durante minutos pola mala temporada... cando tiñan que estar celebrando a permanencia.

Nos dous últimos descensos do Celta gran parte da culpa tívoa a afección. Si, xa sei que nós non xogamos, mais o ambiente espeso, de queixas, apupos e protestas continuas non só non axuda, senón que contribúe ó noso desmaio e afundimento.

Non temos paciencia ningunha. Non sabemos nin entendemos de fútbol (¡ai!, esquecía que tódo-los socios estudaron e sacaron o título de adestrador nacional de fútbol e levan gañado moreas de ligas co pc-fútbol.)

Somos do peorciño: se un xogador fai un pase, malo; se non, peor; se tira, malo; se non tira, tamén... "¡Adestrador, fai un troco!"... iso si, non deas nomes, que non importa, o caso é facer trocos... xa postos a cambiar, habería que cambiar de afección ou, polo menos, mandar a paseo ós que só van cando as cousas van ben, ou ós que van só queixarse. E tamén a aqueles que din que van ver un espectáculo e que non se queren aburrir, que pagaron para se divertir. Merda para eles. Se queren espectáculo polos seus cartos que vaian á Casita de Elena, que o Barbarela xa pechou. Non lles gusta o que hai, pois que non vaian. Ninguén lles pon unha pistola no peito para que vaian a Balaídos.

Para rematar por hoxe, o máis claro exemplo de ignorancia da nosa afección é a noxenta tertulia de Radio-Marca á hora da sesta. É ese tipo de seguidor o que afunde o Celta, o que non precisamos para nada, os radicais extremistas de "Lotina fóra", "Vázquez vaite xa" ou "Horacio demisión". Non lles vale nada e son máis listos que ninguén. O meu desprezo e odio máis grande por eles todos,  que non calaron e apretaron os dentes, que non arrimaron o ombro, que non miraron máis aló das súas simpatías persoais. A todos eles os retratou perfectamente Pondal: "Mais só os iñorantes, e feridos e duros, imbéciles e oscuros, non nos entenden, non".

Pois iso, afouteza e corazón.

 

 

01-04-2008



                                                                       APOSTASÍA

 

Sei perfectamente que o que vou dicir non gusta á maioría do celtismo, mais éme igual. Se cadra empezo por escribir isto e acaba por se crear unha corrente de opinión coa forza abonda para incomodar e, en última instancia, dar un paso de dignidade adiante.

Sorpréndeme que nunca ninguén teña dito nada da coroa do escudo e do título "Real" no noso nome.

Cómo é posible que nos aliñemos cunha institución intrinsecamente tan retrógrada, extemporánea e anacrónica, baseada no privilexio do sangue porque si, que non atende á valía da persoa senón ó seu apelido, que aínda hoxe posterga e relega a muller seguindo unha lei sexista e machista de hai catro séculos e, sobre todo, que non pode ser elixida nin descabalgada mediante a vontade e elección popular.

Cómo é posible que levemos nós o mesmo título no nome que os bullies  merengues ou os mandrís infieis sarracenos...

Qué demos teremos nós que ver con toda esa xentiña da vila e corte ou das antiguas capitais de Toledo ou Valladolid.

Velaquí a miña proposta: tuneemos cada escudo que vexamos borrándolle a coroa ata acadar a súa desaparición oficial. Renunciemos oficialmente perante a casa real española a calquera título ou privilexio, por certo, pregúntome que privilexios serán eses que obtemos por leva-la palabriña no nome e maila coroa no escudo, porque non os vin na miña vida.

¡Apostatemos, renegueños e abxuremos da monarquía e da realeza! ¿Qué intención lambecús e rastreira e innecesario é ese de nos chamar así? ¿Qué necesidade temos nós diso? Ningunha: en 80 anos de historia non nos axudou nadiña. Peor non nos vai ir.

Última suxestión: o escudo podería quedar simplemente sen coroa, mais eu propoño sustituila pola oliveira e/ou o castelo do escudo de Vigo, polo perfil das Illas Cíes, polo gorro de Celestino, que sei eu...

Pois iso: Afouteza e corazón